O Moscón.- 1ª etapa 2006-2007.
Dende esta páxina podes acceder ao arquivo de O moscón.
A “invisibilidade política” e xornal.com
24 Maio 2007
Preguntan os sisudos enquisadores de xornal.com: “¿Qué estima que sucederá en las elecciones municipales y autonómicas del 27 de mayo? Ganará el PSOE Ganará el PP Carezco de opinión”
Ou dito doutro xeito “entre este clavel y esta rosa su majestad es coja” que diría Quevedo
Ben, miremos: Está claro que para o máis rancio nacionalismo español, o nacionalismo unificador, todos somos españois e por iso, (por iso, si, nada máis que por iso ¿que pasa?, como se fixeran falla máis motivos…) a todos nos gustan os touros (¿velos torturar ata a morte?, pero ¿non é a festa nacional?, ¡pois a defendelos, carallo!) e o flamenco (hai a Lola Flores…esa si sentía a España). Só por ser españois sabemos, tamén, que o mellor libro do mundo é O Quijote, (e o que se perden, por certo, os que non saben castelán por telo que ler traducido…) ao tempo que non entendemos como se pode traducir, por exemplo, a Shakespeare ao galego, cando xa se pode ler perfectamente en castelán (perdón, español).
Ese nacionalismo non entende, é imposíbel có entenda, que alguén poda ter máis de dúas opcións. Hai dúas Españas, vale. A do Real Madrid e a do Atlético de Madrid (ou a do Barcelona, que, ao cabo tamén está en España, por moito que lle moleste a algúns), a da praia ou a da montaña, a de Manolete ou a de non me lembro quen, a de quen prefire ver touros ou ver fútbol, a da camisa azul e a da camisa vermella…
Esa España, cando hai eleccións sabe, evidentemente, que en España se presentan os mesmos partidos en todas partes, ¿acaso non somos todos iguais? ¿e que alguén precisa sentirse distinto co guai que é iso de ser español?. ¿É que se cren mellores? Por outra banda, se hai dúas opcións con posibilidades de gobernar, ¿para que queremos máis?. Así que, se en Madrid se presentan, con opcións de gañar algo, o PSOE e o PP, pois é que en todas partes se presentan. E, por tanto, un deles vai gañar e o outro vai perder. A iso se reducen as eleccións en Madrid, nas dúas Castelas… en toda España.
Esquécense, dende logo, de partidos tan importantes coma Izquierda Unida, por exemplo. E de que en moitos territorios (¿nacións?) hai opcións máis fortes cá un deles… ou que os dous .
Pero para eles é normal preguntarse tan só se vai gañar un ou o outro. Son nacionalistas reducionistas e reducidiños (de mente).
Enténdese.
Pero que tamén o faga un xornal galego, como xornal.com (ver resultados e comentarios)…
Non, iso non se entende.
E a ver se hai sorte e en Galiza, Euskadi e Cataluña, perden os dous… (E no resto do estado, tamén).
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Como vai quedar isto
20 Maio 2007
Coido que son horas de escribir algo no blog ou deixalo para sempre.
Evidentemente non me dou reorganizado. Non podo seguir co blog tal e como estaba pensado, por falta de tempo, pero tampouco quero renunciar a el. Así que non escribirei con tanta frecuencia como facía pero espero seguir de cando en vez.
Deste xeito desaparecerá “o moscón semanario” http://omoscon.blogspot.com/ pois éme imposíbel manter esa periodicidade.
A páxina principal do blog pasa a ser http://moscon.blogaliza.org.
Ademais espero seguir coa “mosquipedia”. Especialmente co debate nuclear (http://omoscondenu.blogspot.com) problema que me parece cada día máis próximo. De feito nos mentideiros xa se fala de que o asalto final das eléctricas a prol desta enerxía será na próxima lexislatura.
Por exemplo, en A Nosa Terra (enlace) podemos ler o seguinte parágrafo “Outros grandes operadores están agardando a facer o mesmo pero Endesa adiantouse porque, segundo un empresario que estivo nalgunha destas reunións, nas negociacións para a opa de Endesa, o goberno central pactou cos grandes operadores eléctricos o novo marco. Nel, o Estado asumirá o control de facto das enerxías eléctricas renovábeis para tamén se comprometer a pór en marcha a enerxía nuclear logo das elección xerais.”
A postura do PP e da Ceoe de pretender duplicar a producción de enerxía nuclear nos próximos dez anos, xa é coñecida (enlace) . (espero ter rematado antes desa data os catro puntos- limpa, segura, barata e abundantes combustíbeis- que coido deben centrar o debate)
Finalmente pedir desculpas polas modificacións que fai showzoho nas presentacións, en xeral positivas, pero que deixan a algunhas a medio funcionar.
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Estoume reorganizando
3 Febreiro 2007
Abur por un tempo, toca reorganización.
-
-
-
-
-
-
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Oso ruso machote
1 Febreiro 2007
O alcalde de Moscú, Iuri Luxcov, manifestou, durante a celebración dun acto público organizado pola igrexa ortodoxa, que nunca permitirá a celebración dunha marcha do orgullo gay na capital rusa.
O ano pasado, policías e nacionalistas conservadores evitaron que os defensores rusos e estranxeiros dos dereitos dos homosexuais marcharan polas rúas de Moscú, en medio de accións de violencia e detencións de manifestantes.
A marcha está prevista para o vindeiro mes de maio.
O alcalde agradeceu publicamente o apoio do Patriarca da igrexa ortodoxa rusa Alexi II por apoialo na prohibición da marcha.
Os fundamentalismos crentes, de calquera signo, sexan ortodoxos, como neste caso, ou xudíos, musulmáns, católicos, etc., maniféstanse de acordo no “fundamental” (non podía ser doutro xeito), como se pode ver nestas páxinas, collidas ao chou de googel. Non hai que buscar moito para atopar outras con opinións ou feitos semellantes.
Fontes:
Vieiros: O alcalde de Moscova prohibe unha marcha gai por considerala “satánica”
NoRMaLiZaNDo » Para el alcalde de Moscú la marcha del Orgullo Gay …
RIA Novosti - Últimas noticias - ALCALDE DE MOSCÚ NUNCA PERMITIRÁ …
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
FSM-Débeda externa
30 Xaneiro 2007
O Foro Social Mundial despídese ata o 2009
A esixencia da cancelación da débeda externa marcou o peche do Foro Social Mundial
Beiras presenta ó nacionalismo como alternativa ó “colonialismo ultraliberal”
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
o moscón semanario 19 a 26 de xaneiro 2007
27 Xaneiro 2007
Publicados novos artigos de O Moscón Semanario:
Índice:
Galiza
Península:
Tráxico .
Europa:
Mundo:
Pasatempos:
1) Pleno ao 13
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Santiago Rey coleccionista.
25 Xaneiro 2007
Para ver en pantalla enteira, premer boton inferior dereito
Ferrol nomeará fillo adoptivo a Santiago Rei Fernández -Latorre
O Concello destaca o «compromiso» e a «defensa de Ferrol» do editor de La Voz
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
FSM 2007- Revolución verde.
23 Xaneiro 2007
Leo en Vieiros que a primeira xornada de debates no Foro Mundial Social, criticou fortemente á Revolución Verde proposta polas fundacións de Bill Gates e Rockefeller.
A activista india Vandana Shiva foi quen acusou as fundacións de promover un sistema que favorece a perda da diversidade agraria e o endebedamento dos agricultores, pois a utilización de sementes híbridas e fertilizantes é “unha receita obsoleta” que “provoca a perda da diversidade agraria, a base para a vida dos campesiños, e equilibrio ambiental”.
A modo de contrapunto, páxinas de Brasil sobre agricultura:
Departamento de asistencia técnica e extensión rural do Ministerio de desenvolvemento agrario do Brasil Agroecologia e Desenvolvimento Rural Sustentável.
Agricultura ecolóxico no estado brasileiro de Río Grande do Sul: www.agirazul.com.br/artigos/caporal1.htm
Definición de agricultura sustentábel:
http://www.partidoverdegoias.com.br/site/boletim_record.php?d=0000000042.
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
FSM 2007
21 Xaneiro 2007
A Fundación Galiza Sempre (FGS) acudirá ao Foro Social Mundial que se celebra en Nairobi.
Enlace á páxina da Fundación Galiza Sempre
Enlace á páxina co programa en Kiswahili (outros idiomas inglés, español ou francés)
Comentario de estrela esvaecida
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
O moscón semanario
20 Xaneiro 2007
Novos artigos de O moscón semanario.
1) Galiza: (Estatuto)
2) Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)
3) Europa (Cambio climático e debate nuclear)
4) Internacional (Dez crises humanitarias. Nicaragua. Fundamentalismo evanxelista. Busca e captura para os asasinos de Xosé Couso. A wikipedia fai anos).
5) O pasatempo
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
As crises humanitarias máis silenciadas.
17 Xaneiro 2007
Médicos Sen Fronteiras publica a súa novena lista anual das dez crises humanitarias máis graves e máis silenciadas. Velas en: MSF divulga lista das ‘dez crises humanitárias mais negligenciadas pela mídia’ em 2006:
“A lista inclui o aumento de casos de tuberculose e desnutrição, devastação causada pelas guerras na República Centro Africana, Sri Lanka e República Democrática do Congo e problemas trazidos pelos conflitos no Haiti, Somália, Colômbia, Chechênia e Índia”, segundo expoñen na páxina.
Vamos, dez tonterias sen maior importancia mediática.
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Dereitos constitucionais.
16 Xaneiro 2007
Lemos, grazas a Galicia confidencial, un simpático artigo dun autodenominado catedrático de dereito constitucional, cheo de curiosidades como estas:
O goberno galego é “nacionalista-socialista”-a que vos soa a Alemania ¿eh?-,
O castelán é a lingua española “por excelencia”-as outras serano, logo, humildemente-
A mesa pola normalización lingüística é un “minúsculo pero moi activo grupo da órbita do BNG” -¿a que soa a “órbita-do-nacionalismo-radical-vasco-eta”?.
Deixa caer que Fraga ¡confesábase admirador de Pujol!.
Pero, especialmente, chega a conclusión ¡sendo catedrático de dereito constitucional! que se o artigo 3 da constitución fala do dereito de todos os cidadáns a usar o castelán e non fala do deber de coñecer o galego (ou o catalán, engade, supoño que por se acaso), os profesores que non queiran usar o galego, pois que non o usen, aínda que unha lei así o estabeleza.
O máis pabero é que despois fai un alegato á favor da liberdade de elixir idioma que, enfatiza, “pode formar parte da liberdade de expresión que sería non só a liberdade de elixir o contido da expresión, senón o vehículo da mesma”. ¡Moi ben!. Por certo, supoño que na súa clase calquera poderá usar o galego cando queira (ou o catalán, engado, por se acaso).
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
O Debate nuclear: 2.- A seguridade nuclear.
14 Xaneiro 2007
(premer na esquina inferior dereita para ver pantalla enteira)
Continúo o debate sobre a reintroducción da enerxía nuclear. Agora Bruxelas apoia a enerxía nuclear coa desculpa de combater o cambio climático, segundo lemos na Voz de Galicia e en Público PT. Pola miña parte continuo expoñendo a miña opinión: Despois de O lixo nuclear, hoxe falarei da “seguridade nuclear”.
Na Seguridade nuclear preocúpanme catro apartados, que plantexo a seguir:
(Seguir lendo en mosquipedia.)
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
A voz e pescanova
11 Xaneiro 2007
(premer na esquina inferior dereita para ver en panatalla enteira)
Unha nova anotación en O moscón semanario
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Mitrofán
7 Xaneiro 2007
A fiscalía querélase contra Deia e Gara por inxurias ao rei.
Comentario en gorkalimotxo.net
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Debate nuclear. O lixo nuclear
30 Decembro 2006
Ver o novo comentario de:“Debate nuclear. 1.- O lixo nuclear” en “O moscón semanario“.
Para ver as presentacións, premer nas imaxes:
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Ocorrentes e simpáticos
23 Decembro 2006
Nova anotación de O Móscon Semanario.
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Gardas civís deprimidos
20 Decembro 2006
El correo gallego di “diezmada polas baixas a base de tráfico de A Coruña”
Ver o comentario de “sombrinha betanceira”
para ver en pantalla enteira preme no botón inferior dereita.
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Sentenza do Tribunal Supremo Israelí autoriza asasinatos selectivos
18 Decembro 2006
(1) O Tribunal Supremo Israelí autoriza os “asasinatos selectivos”. Nova en El País e La Voz de Galicia.
Outros moscóns sobre o conflicto israelí: Fundamentalismo e holocausto e a destrucción de oriente próximo .
Ver a presentación premendo en cada nova imaxe (so 15).
Para vela en pantalla completa premer aquí
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Fundamentalismo e holocausto
12 Decembro 2006
A Voz de Galicia: Irán celebra unha conferencia revisionista sobre o holocausto.
Galipedia: Holocausto.
Preme en cada imaxe para ver a seguinte. O primeiro ciclo é lento e parece que desaparece a imaxe. Despois funciona ben (só son 3 imaxes).
Para ver en pantalla completa (aviso-é máis lenta), preme aquí
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Exceso de velocidade
9 Decembro 2006
Publicado un novo comentario de O Moscón semanario
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
A autovía do Salnés
7 Decembro 2006
Xosé Cuíña visitas as obras do Salnés en xornal.com
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Nanotecnoloxía e hamburguesas XLL
6 Decembro 2006
O centro ibérico de nanotecnoloxía terá a súa sede en Braga: Wikipedia e cienciapt.
Hamburguesas xigantes: O anuncio “come como un hombre” e vídeo de Buenafuente
Escrito en Sen clasificar | Editar | Sen Comentarios »
Sargadelos
A filosofía do laboratorio de formas. Documento deIsaac Díaz Pardo no Consello da Cultura Galega (pdf).
Vídeo entrevista a Isaac Dáiz Pardo en “Vídeos na rede-BraisGZ”
Escrito en Galiza | Editar | Sen Comentarios »
Horario atlántico
4 Decembro 2006
O Bng pide o horario atlántico (galego, portugués, irlandés e canario, é dicir, o que nos corresponde xeograficamente) para Galiza.
Enlaces relacionados:
A nova en Mundo galiza
Unha descripción rápida en Chuza!
Unha reacción en Cartafol do Mandeo
Ver “hora galega en mosquipedia” (ao principio vai moi lento)
Escrito en Galiza | Editar | Sen Comentarios »
bilingüismo harmónico
nova relacionada en xornal.com.
Enlace a O moscón semanario
Escrito en Galiza | Editar | Sen Comentarios »
paxina de o moscón.Para acceder, preme no debuxo ou en entrar
19 Outubro 2006
Please share your thoughts
Filed in: Sen clasificar









