Arquivo de Xaneiro de 2007

FSM-Débeda externa

30 Xaneiro 2007

debeda-externa.jpg

O Foro Social Mundial despídese ata o 2009

A esixencia da cancelación da débeda externa marcou o peche do Foro Social Mundial

¿Que é o Foro Social Mundial?

Beiras presenta ó nacionalismo como alternativa ó “colonialismo ultraliberal”

o moscón semanario 19 a 26 de xaneiro 2007

27 Xaneiro 2007

Publicados novos artigos de O Moscón Semanario:

Índice:

Galiza

Premio Xosé Couso.

De empresas galegas

Península:

Humorista.

Tráxico .

Europa:

Risco de marea negra .

Mundo:

Foro Social Mundial.

Foro económico mundial

Pasatempos:

1) Pleno ao 13

2) Atopa as tres rúas

Santiago Rey coleccionista.

25 Xaneiro 2007

Para ver en pantalla enteira, premer boton inferior dereito

Ferrol nomeará fillo adoptivo a Santiago Rei Fernández -Latorre

O Concello destaca o «compromiso» e a «defensa de Ferrol» do editor de La Voz

FSM 2007- Revolución verde.

23 Xaneiro 2007

Leo en Vieiros que a primeira xornada de debates no Foro Mundial Social, criticou fortemente á Revolución Verde proposta polas fundacións de Bill Gates e Rockefeller.

A activista india Vandana Shiva foi quen acusou as fundacións de promover un sistema que favorece a perda da diversidade agraria e o endebedamento dos agricultores, pois a utilización de sementes híbridas e fertilizantes é “unha receita obsoleta” que “provoca a perda da diversidade agraria, a base para a vida dos campesiños, e equilibrio ambiental”.

A modo de contrapunto, páxinas de Brasil sobre agricultura:

Departamento de asistencia técnica e extensión rural do Ministerio de desenvolvemento agrario do Brasil Agroecologia e Desenvolvimento Rural Sustentável.

Agricultura ecolóxico no estado brasileiro de Río Grande do Sul: www.agirazul.com.br/artigos/caporal1.htm

Definición de agricultura sustentábel:

http://www.partidoverdegoias.com.br/site/boletim_record.php?d=0000000042.

 

FSM 2007

21 Xaneiro 2007

fsm-2007-nairobi-peq-2.jpg

A Fundación Galiza Sempre (FGS) acudirá ao Foro Social Mundial que se celebra en Nairobi.

Enlace á páxina da Fundación Galiza Sempre

Enlace á páxina co programa en Kiswahili (outros idiomas inglés, español ou francés)

Comentario de estrela esvaecida

O moscón semanario

20 Xaneiro 2007

Novos artigos de O moscón semanario.

Os artigos

1) Galiza: (Estatuto)

2) Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)

3) Europa (Cambio climático e debate nuclear)

4) Internacional (Dez crises humanitarias. Nicaragua. Fundamentalismo evanxelista. Busca e captura para os asasinos de Xosé Couso. A wikipedia fai anos).

5) O pasatempo

As crises humanitarias máis silenciadas.

17 Xaneiro 2007

Médicos Sen Fronteiras publica a súa novena lista anual das dez crises humanitarias máis graves e máis silenciadas. Velas en: MSF divulga lista das ‘dez crises humanitárias mais negligenciadas pela mídia’ em 2006:

“A lista inclui o aumento de casos de tuberculose e desnutrição, devastação causada pelas guerras na República Centro Africana, Sri Lanka e República Democrática do Congo e problemas trazidos pelos conflitos no Haiti, Somália, Colômbia, Chechênia e Índia”, segundo expoñen na páxina.

Vamos, dez tonterias sen maior importancia mediática.

Dereitos constitucionais.

16 Xaneiro 2007

Lemos, grazas a Galicia confidencial, un simpático artigo dun autodenominado catedrático de dereito constitucional, cheo de curiosidades como estas:

O goberno galego é “nacionalista-socialista”-a que vos soa a Alemania ¿eh?-,

O castelán é a lingua española “por excelencia”-as outras serano, logo, humildemente-

A mesa pola normalización lingüística é un “minúsculo pero moi activo grupo da órbita do BNG” -¿a que soa a “órbita-do-nacionalismo-radical-vasco-eta”?.

Deixa caer que Fraga ¡confesábase admirador de Pujol!.

Pero, especialmente, chega a conclusión ¡sendo catedrático de dereito constitucional! que se o artigo 3 da constitución fala do dereito de todos os cidadáns a usar o castelán e non fala do deber de coñecer o galego (ou o catalán, engade, supoño que por se acaso), os profesores que non queiran usar o galego, pois que non o usen, aínda que unha lei así o estabeleza.

O máis pabero é que despois fai un alegato á favor da liberdade de elixir idioma que, enfatiza, “pode formar parte da liberdade de expresión que sería non só a liberdade de elixir o contido da expresión, senón o vehículo da mesma”. ¡Moi ben!. Por certo, supoño que na súa clase calquera poderá usar o galego cando queira (ou o catalán, engado, por se acaso).

O Debate nuclear: 2.- A seguridade nuclear.

14 Xaneiro 2007

(premer na esquina inferior dereita para ver pantalla enteira)

Continúo o debate sobre a reintroducción da enerxía nuclear. Agora Bruxelas apoia a enerxía nuclear coa desculpa de combater o cambio climático, segundo lemos na Voz de Galicia e en Público PT. Pola miña parte continuo expoñendo a miña opinión: Despois de O lixo nuclear, hoxe falarei da “seguridade nuclear”.

Na Seguridade nuclear preocúpanme catro apartados, que plantexo a seguir:

(Seguir lendo en mosquipedia.)

A voz e pescanova

11 Xaneiro 2007


(premer na esquina inferior dereita para ver en panatalla enteira)

Unha nova anotación en O moscón semanario