Oso ruso machote
O alcalde de Moscú, Iuri Luxcov, manifestou, durante a celebración dun acto público organizado pola igrexa ortodoxa, que nunca permitirá a celebración dunha marcha do orgullo gay na capital rusa.
O ano pasado, policías e nacionalistas conservadores evitaron que os defensores rusos e estranxeiros dos dereitos dos homosexuais marcharan polas rúas de Moscú, en medio de accións de violencia e detencións de manifestantes.
A marcha está prevista para o vindeiro mes de maio.
O alcalde agradeceu publicamente o apoio do Patriarca da igrexa ortodoxa rusa Alexi II por apoialo na prohibición da marcha.
Os fundamentalismos crentes, de calquera signo, sexan ortodoxos, como neste caso, ou xudíos, musulmáns, católicos, etc., maniféstanse de acordo no “fundamental” (non podía ser doutro xeito), como se pode ver nestas páxinas, collidas ao chou de googel. Non hai que buscar moito para atopar outras con opinións ou feitos semellantes.
Fontes:
Vieiros: O alcalde de Moscova prohibe unha marcha gai por considerala “satánica”
NoRMaLiZaNDo » Para el alcalde de Moscú la marcha del Orgullo Gay …
RIA Novosti - Últimas noticias - ALCALDE DE MOSCÚ NUNCA PERMITIRÁ …