As crises humanitarias máis silenciadas.

17 Xaneiro 2007

Médicos Sen Fronteiras publica a súa novena lista anual das dez crises humanitarias máis graves e máis silenciadas. Velas en: MSF divulga lista das ‘dez crises humanitárias mais negligenciadas pela mídia’ em 2006:

“A lista inclui o aumento de casos de tuberculose e desnutrição, devastação causada pelas guerras na República Centro Africana, Sri Lanka e República Democrática do Congo e problemas trazidos pelos conflitos no Haiti, Somália, Colômbia, Chechênia e Índia”, segundo expoñen na páxina.

Vamos, dez tonterias sen maior importancia mediática.

Dereitos constitucionais.

16 Xaneiro 2007

Lemos, grazas a Galicia confidencial, un simpático artigo dun autodenominado catedrático de dereito constitucional, cheo de curiosidades como estas:

O goberno galego é “nacionalista-socialista”-a que vos soa a Alemania ¿eh?-,

O castelán é a lingua española “por excelencia”-as outras serano, logo, humildemente-

A mesa pola normalización lingüística é un “minúsculo pero moi activo grupo da órbita do BNG” -¿a que soa a “órbita-do-nacionalismo-radical-vasco-eta”?.

Deixa caer que Fraga ¡confesábase admirador de Pujol!.

Pero, especialmente, chega a conclusión ¡sendo catedrático de dereito constitucional! que se o artigo 3 da constitución fala do dereito de todos os cidadáns a usar o castelán e non fala do deber de coñecer o galego (ou o catalán, engade, supoño que por se acaso), os profesores que non queiran usar o galego, pois que non o usen, aínda que unha lei así o estabeleza.

O máis pabero é que despois fai un alegato á favor da liberdade de elixir idioma que, enfatiza, “pode formar parte da liberdade de expresión que sería non só a liberdade de elixir o contido da expresión, senón o vehículo da mesma”. ¡Moi ben!. Por certo, supoño que na súa clase calquera poderá usar o galego cando queira (ou o catalán, engado, por se acaso).

O Debate nuclear: 2.- A seguridade nuclear.

14 Xaneiro 2007

(premer na esquina inferior dereita para ver pantalla enteira)

Continúo o debate sobre a reintroducción da enerxía nuclear. Agora Bruxelas apoia a enerxía nuclear coa desculpa de combater o cambio climático, segundo lemos na Voz de Galicia e en Público PT. Pola miña parte continuo expoñendo a miña opinión: Despois de O lixo nuclear, hoxe falarei da “seguridade nuclear”.

Na Seguridade nuclear preocúpanme catro apartados, que plantexo a seguir:

(Seguir lendo en mosquipedia.)

A voz e pescanova

11 Xaneiro 2007


(premer na esquina inferior dereita para ver en panatalla enteira)

Unha nova anotación en O moscón semanario

Mitrofán

7 Xaneiro 2007

A fiscalía querélase contra Deia e Gara por inxurias ao rei.

Comentario en gorkalimotxo.net/blog.

Comentario en O demo me leve.

oso-borracho.jpg

Debate nuclear. O lixo nuclear

30 Decembro 2006

Ver o novo comentario de:“Debate nuclear. 1.- O lixo nuclear” en “O moscón semanario“.

Para ver as presentacións, premer nas imaxes:

res.JPG
tipos-e-xestion.JPG

Ocorrentes e simpáticos

23 Decembro 2006

Nova anotación de O Móscon Semanario.

Ocorrentes e simpáticos 

oc-e-s.JPG

Gardas civís deprimidos

20 Decembro 2006

El correo gallego di “diezmada polas baixas a base de tráfico de A Coruña”

Ver o comentario de “sombrinha betanceira”

para ver en pantalla enteira preme no botón inferior dereita.

Sentenza do Tribunal Supremo Israelí autoriza asasinatos selectivos

18 Decembro 2006

(1) O Tribunal Supremo Israelí autoriza os “asasinatos selectivos”. Nova en El País e La Voz de Galicia.

Outros moscóns sobre o conflicto israelí: Fundamentalismo e holocausto e a destrucción de oriente próximo .

Ver a presentación premendo en cada nova imaxe (so 15).

Para vela en pantalla completa premer aquí

Lula de centro.

14 Decembro 2006

As declaracións de Lula, en que parece declararse “de centro” provocan indignación na esquerda brasileira.

Declaracións de Lula

Ver presentación en jpeg (lenta) ou en gif (máis rápida e de peor calidade)

Ver presentación en pantalla enteira en jpge (lenta) ou en gif (máis rápida e de peor calidade).

Ver as imaxes (5)

diapositiva1-lula-centro.JPG